Forga

Portada
Portada
·
Centros
Centros
·
Vídeos
E-mail
·
Mapa do web
Mapa
·
Enlaces
Enlaces
·
Enlaces
Emprego
Qué é FORGA

A loita polo emprego e pola mellora das condicións de traballo é consubstancial coa Confederación Intersindical Galega.

A Formación é unha ferramenta máis para acadar estes obxectivos.

Con esta vontade nace o 3 de Outubro de 1996 a Fundación para Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA) para constituírse nunha ferramenta eficaz, áxil e útil que incremente a cualificación profesional dos traballadores e das traballadoras, aumentando nuns casos as posibilidades de atopar traballo, e noutros posibilitando a promoción profesional dos traballadores en activo.

Obxecto e finalidade da fundación FORGA

A.-Fomenta-lo estudio e a investigación en materia de formación profesional e social dos traballadores de Galicia.

B.-Colaborar no estudio de necesidades de formación e cualificación dos traballadores, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.

C.-Contribución á mellora das condicións de traballo mediante a intervención na formación básica e permanente.

D.-Participar nas modalidades e niveis que define o padroado na implantación directa de actividades de formación básica e permanente.

E.-Prestarlle atención prioritaria á formación de desempregados con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tales como: xoves de primeiro emprego, mulleres que reingresan no mercado do traballo ou parados de longa duración.

Estructura da Fundación FORGA

Padroado: É o Órgano de Goberno.
Secretaria Confederal de Formación ou Apoderado Xeral.
Dirección ou Xerencia.
Departamento Financeiro Administrativo.
Delegacións Territoriais ou responsables da docencia, monitores, persoal administrativo e de apoio en cada localidade.
Formación Ocupacional

O Convenio ca Consellería de Familia Promoción de Emprego Muller e Xuventude, permítenos impartir cursos de formación ocupacional (desempregados) dentro do Plan FIP anual.

O obxectivo da formación  ocupacional e lograr que tódolos alumnos que realicen cursos reciban unha preparación de calidade que posibilite o seu acceso ó mercado de traballo

Requisitos para poder participar  nun curso do Plano FIP:

Estar inscrito como demandante de emprego nas oficinas do Servicio Público de Emprego.

Axuda de transporte, aloxamento e manutención:

O alumno ou a alumna cando viva polo menos a tres kilómetros de distancia ten dereito a percibir unha beca para cubri-los gastos de desplazamento. Tamén teñen dereito a unha beca os diminuídos/as físicos que accedan ós cursos.

Diplomas:

O alumno cando remate o curso con aproveitamento recibe un diploma oficial, outorgado pola Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.

Formación Continua
A CIG forma parte das organizacións asinantes da Comisión Tripartita Nacional de Seguimento sobre Formación Continua, xunto coa CEOE, CEPYME, CCOO e UGT, e mailo Goberno, tendo constituído en maio de 1993 a Fundación para a Formación Continua FORCEM, que é a entidade encargada de impulsar e difundir a formación continua entre as empresas e as/os traballadoras/es xestionando as axudas para a formación continua e realizando o seguimento do control técnico.

Os cursos de formación continua realízanse no ano natural

Poden asistir ós mesmos aqueles traballadores que estean dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, R.E.Autónomos, R.E.Empregadas de Fogar, R.E. Agrario. Ou traballadores fixos discontinuos ou en regulación de emprego.

Ó remate da acción formativa, CIG-FORGA entrega un diploma de asistencia e aproveitamento a cada participante.

Formación Continua nas Administracións Públicas

A Confederación Intersindical Galega forma parte do Programa de Formación continua que foi aprobado pola Comisión Xeral de Formación no marco do II Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas.

O conxunto de actividades que se desenvolvan dentro deste  acordo están dirixidas á mellora de competencias e cualificacións dos empregados públicos que permitan compatibilizar a maior eficacia e a mellora da calidade dos servicios nas Administracións Públicas coa formación individual a motivación do empregado público e a súa promoción profesional.

Os cursos da administración tamén se imparten no ano natural.

Poden participar nos cursos o persoal estatutario, laboral e funcionario.